lunes, octubre 30, 2006

FINALMENTE.....

E finalmente, a caseira de ferro converteuse polo arte de birlibirloque na nosa caseira. A calidade de vida incrmentouse dun venres pa un domingo a toda velocidade e con ela o número de caixóns, portas, estancias e divisións do piso (incluído un trasteiro que podería chegarse a converterse nunha vivenda indigna).
Todavía quedan moitas horas de traballo: horas de limpeza, de arrumaçao, de redecoración, de medidas dun lado e de outro e de ver moitos prezos para despois decantarnos polos menos convincentes pero máis repetidos.
E sobre todo ter un espazo máis grande, moito máis grande para deixar correr as ideas, a imaxinación, o amore e sobre todo o tempo.
Pero é a primeira vez que sinto que algo é realmente meu, realmente noso (a pesares de que te?amos que pagar o aluguer). E chegar, e topar a mesa posta cos meus prati?os os meus tenedorci?os e os manteli?os... ou chegar a cama e reco?ecer toda a roupa como propia.... Todo iso non ten prezo (aínda que a tasación sexa bastante fixa)

martes, octubre 17, 2006

A CASEIRA DE FERRO

Hoxe debemos topar coa caseira menos sobornable de todo Santiago. O piso era precioso, nos gustaba montón (perdón, nos gusta montón) e lle dixemos un si instantáneo. Pero ela debe esperar, e non esperará ao primeiro que lle ingrese a fianza... darallo ao primeiro que o viu (ao segundo se por casualidade o primeiro é o suficientemente necio como para negarlle o seu valor).

Canto sigue custando a palabra para moitas persoas.

lunes, octubre 09, 2006

BARCO Á DERIVA

Onte vin os restos dun barco encallados na area. Na tarde tardo veraniega de onte aquel barco semiasulagado e cheo de algas me achegaron sensacións estranas desde o punto de vista de observadora non participante.
Lembroume aquel outro barco que cando nena vía tódolos días ao voltar do cole. Aquel barco que nalgún tempo perteneceu a aquel home que amaba o mar aínda que o temía ante a imposibilidade de manterse a flote.

A sensanción de soidade e tristura foi inmensa. Tanta que durante unhas horas os meus pensamentos loitaron con grandes ondas, en undosos mares que a piques fixeron zozobrar a mi?a pequena gamela.

Espero manter rexo o timón para saír da travesía co meu peculiar Argos.

Por certo que este Argos ten agora forma, de parte dos navieros gregos (nos que xa non está Aristóteles Onnasis). Sobrevivirá as embestidas da historia?

UN NOBEL DA PAZ

A mi?a lectura matutina de centos de periódicos achegoume hoxe unha información demasiado incrible como para ser certa. Ou, mellor dito, o suficientemente incrible como para selo.
Hitler e Stalin foron nominados, na súa época, a premios novel da paz. A última nominación do primeiro sucedeu 6 mese antes da invasión de Polonia... Menos mal que non llos deron, porque se non o valoroso galardon sueco quedaría desvirtuado até límites insospeitables.

Do mesmo xeito que termos abstractos como a paz, o amor, a amizade, o valor, o coraxe o desinterés están continuamente desvirtuados por candidat@s a premios noveles da concordia!


Contador Gratis