miércoles, septiembre 27, 2006

CHEIN, CHEIN, CHEIN, CHEIN OF FRUUUU

Dame un par de horas e cambiarei o meu mundo. E así foi, nun par de horas ou cecáis menos, este mundo comezou a cambiar tanto... que non o co?ecería nin a nai que o pariu.

Existe un sexto sentido para prever os cambios, e dúas actitudes ante a vida: sentar e esperalos ou levantar e tentar que pase todo o máis rápido posible.
A primeira das actitudes pode parecer aburrida, esperar...
E a segunda ás veces modifica tanto a situación que inhibe eses cambios.

O mellor e non decatarse de que existe cambio até que se ten enriba e se pode saborear!

lunes, septiembre 18, 2006

E SEN EMBARGO SI MUOVE

E o tempo pasa, e todo vai cursando o seu ritmo. Con boas ou malas novas a vida sigue cami?ando e o noso día a día que nos parece tan importante non é máis que unha bafarada de fume que se estraga e desaparece no ar libre (unha bafarada e non unha masificación). E intentas facer resumo do teu ultimo periodo para contarllo a unha amiga e descobres que todo o que che preocupou pódese resumir nunha frase.
E sen embargo todo vai outra vez, e mentres que a xente fai propósitos de ano novo, eu recén chegada dunhas esgotadoras vacacións podo dicir que te?o a cabeza chea de paxaros que seguro que morrerán sen sair do ovo. E intento crear un mundo a medida que expirará en canto os meus zapatos novos (mercados para a volta o cole) te?an algunha rozadura na puntera.
E que vin, co?ecín e dalgún xeito vencín (e espero seguir facéndoo por moito tempo)

martes, septiembre 05, 2006

A QUE CHEIRA O TEMPO PERDIDO?

Ás veces alguén se decata de que perdeu o precioso tempo que ti?a nun maremagnum de entresixos que parecían non servir para nada. E se sinte mal. Coma min esta ma?á entre aquel prego de papel en branco.

Sen embargo si que me decatei de que realmente todos os que se queixan de non ter ese prezado tempo, son os que máis vilmente e o perden (ou o perdemos). Que é verdade que non voltarei a ter ese tempo perdido pero.... tampouco vivirei o vivido nese tempo nin cheirarei o mesmo aire nin... VOLTAREI A BA?ARME NO MESMO RÍO


Contador Gratis