jueves, agosto 24, 2006

NOUTRO MUNDO, NOUTRA UBICACIÓN

Estamos na outra esfera do mundo, onde parece que o tempo non pasa e a xente non vai tan a presa. Metidi?a na mi?a cama, fai apenas unha media hora que me soou o espertador e comecei a mi?a espartana xornada, cun pequeno que outro placer posto que hoxe é aquí o día do patrón...

Para min non deixa de ser especial, poder respostar forzas neste pequeno terrunho de terra, ao carón deste mar que cada día está máis cheo de chinchos e desfrutar das mi?as vacacións como non o facía desde nena. Solo que agora con temas que estudiar, e coa posibilidade de escapar a unha pequena cidade capital onde podo descansar de tanta paz...

A pequena crepe díxome o outro día que para ela era case impensable chegar á capitali?a en autobús e non ficar nela... e eu digo que por moito que me gusten as cidades provincianas si que atopei unha maxia nela diferente... tan diferente....

Mentres tanto disfruto e descanso alonxada da civilización, tan alonxada que te?o que madrugar para ocupar esta pequena li?a telefónica coas mi?as divagacións...

lunes, agosto 14, 2006


PECHADO POR VACANCES,

Pois iso que hoxe por fin, comezo o periodo alonxada do traballo remunerado (que non de folganza!)

martes, agosto 08, 2006

nostalgia de un futuro azul en el que anclar

Da felicidade á tristura a máis das veces non hai máis que un delgado fío que se cruza e descruza sen apenas se decatar.
E aquí estamos cheirando como se queiman centos e centos de árbores, o noso escueto legado ao futuro, que dende esta fin de semana é todavía máis pequeno. E cada vez que no mesmo este legado se murcha cada vez máis... pasando a ser unha mera testemu?a dun momento en que o ser humán optou por ser o xefe deste planeta.
E unha vez máis non se puso no lugar do outro, só que esta vez a diferenza é que recibiu a mesma contestación.

E así esvarou un dos principios que se manti?an incólumes.

viernes, agosto 04, 2006



UNHA ROSA, BLANCA BRISAC

Hoxe lin na prensa que Martínez-Lázaro, co?ecido director por Al otro lado de la cama íase a atrever con un tema histórico como é a historia destas trece mozas (catorce pero unha afortunada errata convertiu a Antonia en Antonio Torres), pero so contando con cinco delas porque como afirmou onte o propio autor:

Sólo cinco aparecen en la película y son "una mezcla de todas ellas", según el director, "excepto en el caso de la católica y votante de derechas Blanca Brisac"

Cada un é quen de ver a historia como lle pete pero precisamente esta interpretación tan sui generis de Blanca Brisac é o que me chamou a atención ao ler xornal tras xornal unha afirmación similar e a caracterización de PilarLópez de Ayala como ésta.
Blanca Brisat era moi relixiosa e dunha familia de dereitas (o feito que a túa familia sexa de dereitas non te convirte en votante das dereitas). A súa implicación no grupo das trece rosas foi a raíz dunha amizade que unía ao seu marido cun militante de esquerdas que foi delatado pola nai e irmá da súa moza. Blanca morreu unha media hora despois de que o fixera o seu marido (e coa ilusión de voltalo a abrazar antes do pasamento)

Blanca, era baixi?a, regordeta e ti?a a cara redondi?a. A súa imaxe, de muller gordechi?a e de fazulas enchidas e coloradas dista moito da de Ayala, por iso creo que a imaxe que te?o dela (aínda deteriorada polo cárcere) non é o da cara alongada desta actriz (Blanca é a segunda pola esquerda)

jueves, agosto 03, 2006

MAZÁ RECHEA DE ARROZ CON LEITE


Mmmmm, que rico.... todavía sigo a pensar no postre de hoxe....

Pavo non entende a finalidade do postre pero eu, como boa lambona, necesito un ou café para dar por finalizada unha comida... ?am ?am!

O de hoxe foi un sabor novo de sabores vellos e deliciosos. Que rico, que rico, pero que rico estaba... apenas me comecei a arrepentir do concepto que pedira cando o vin chegar, rodeado dun magma de caramelo que non o facía tan apetecible. Espero que non se manche demasiado deste caramelo, pensei, e non o fixo (polo menos non o fixo en demasía) e eu puiden desfrutar dunha mazá semiasada cun arroz con leite compacto....

Slurp!

E o acabei a lametazos!

ERES PEQUENO; SUXO E DEFORME, PERO EU TE QUERO IGUAL

Por primeira vez na mi?a vida te?o un espazo compreto para min soa. Te?o o meu ba?o, a mi?a coci?a e a habitación (ou debería dicir coci?a-habitación) e un montón de ilusións. A contrapartida negativa é que despois de tres días de Cincenta estou a emparanoiarme coa limpeza ata límites insanos. Espero que só sexa ao principio... polo ben de todos ( e meu tamén)

A cousa é que xa lle collín tanto cari?o que quero que sexa o mellor, o máis bonito, o máis cómodo, e non fago máis que pensar en miniagasallos de miniyo. Que si isto, que si aquelo... non é que a mona vestida de seda cambie algo na morfoloxía, pero polo menos está máis mona e máis aseadi?a...

martes, agosto 01, 2006

INSTALÁNDOME NO KEL

Dende onte estou a instalarme no kel. A verdade é que contaba quedar a durmir hoxe alí pero a complexidade da mi?a nova vivenda impediumo... É verdade que eu ti?a cousas a esgalla (e que se as te?o que mover eu soa morro de verdade) pero a coci?a era digna de cazar moscas como as cintas amarelas do pejachosa que estaba.
A ver se desta é verdade e ma?á podo falar realmente de casa e non de kel como os koru?os


Contador Gratis