viernes, julio 28, 2006

MARQUE SONITONO_CANCIÓNDASTORMENTAS

Hoxe o meu peculiar sonitono se fixo famoso. El, que é tan discreto no medio da multitude, non fixo máis que dar o cante no medio dunha morea de xente que en principio non prestou atención a quel son familiar e de segundo me miraron mentres tentaba amainala chuva.

Esa canción, que buscada no pasado, se presentou como casualidade unha tarde cunha chuva e unha ocarina, foi hoxe o obxecto de desexo dalgún que outro personaxe, mentres eu enrubecida. Deseguro que nese terru?o do sureste, ese pequeno gremmio lembrará este son cando falen de sonitonos orixinais.

E non é por tirarme da moto, pero o de orixinal e diferente non mo pode negar niguén!

FOTOXORNALISTA POR UN SEGUNDO

Co que me gustan os bos fotoxornalistas, a xente que é capaz de retratar un momento, unha historia, un conflicto nun cacho de papel arxentado (bueno alomenos antes) e nunha mirada, unhas mans, un paisaxe, unha persoa... E hoxe me comunican que o outro día, sen querelo, fun fotoxornalista... unha mercedaria que cunha cámara ao lombo traballou para 3 e nada máis e menos que 3 xornais....

Lástima que a vacuidade do momento radique en que non me decatei!

+ESCÉPTICISMO E -TOLERANCIA

Parrafraseando a un se?or profesor da facultade, podería dicir que eu cos anos tamén son máis excéptica pero menos tolerante (el mentía argumentando o contrario).
É certo tamén que o meu vagaxe me axuda a que non se note tanto e a intentar ser, a lo menos cordial, coa xente que me rodea. Pero o que si non paso é que xente a que só considero xente polo trato diario que tiven-te?o-terei se faga de rogar con certa indolencia.
Non nen non, por esas non che paso... sorra si, pero orgullosa!

jueves, julio 27, 2006

OUTRA VEZ O PUTO COELLO BRANCO

Non lin Alicia ao outro lado do espello, pero me podo chegar a imaxinar unha segunda parte moi sui generis. Esta segunda parte sucede despois de co?ecer todas as marabillas que o País das Marabillas lle puido ofrecer. Moito despois daquela tarde na que Alicia decidiu perseguir ao Coello Branco do reloxo de peto. Tamén despois de lograr escapar a Raí?a de Corazóns e a súa cohorte de naipes. Precisamente cando Alicia xa voltara a súa vida normal. Unha vida normal moi insulsa e incluso apagada, pero ao fin e ao cabo normal.

E ahí chega a segunda parte. Un día calquera Alicia volve a ver o seu amigo, o Coello Branco que gritaba outra vez, ?que hai presa!, ?que hai presa!. E outra vez a curiosidade volveuna a mover, e fixo que perseguira o Coello. Pero esta vez coa mente máis aberta, sabería que volvía a meterse nun mundo de continuas sorpresas (non sempre boas) e maldiría mentres sentaba á mesa co Sombreireiro non tomar a decisión de ver pasar o Coello e pensar que so?aba...

miércoles, julio 26, 2006

jueves, julio 20, 2006

CLARO QUE SI, MAIS NAO

Cousas que pasan... din que as mulleres ás veces dicimos non cando queremos dicir si. Non comparto esta opinión pero tamén admito que en moitos casos dito siloxismo se cumpre (como tamén nos homes). E unha vez recordo a campa?a de Nobel dicindo: a veces cando quero rir, choro....

Pero tamén é certo que hai tocanarices, hai quen arrisca sen realmente querer arriscar nada. E proba daquí, e proba dalí, sen sacar da boca o chicle que fai tempo que mastiga (porque aínda que desaborido non quere tiralo).

Eu tomei unha decisión, e pode ser que a día un esté na rúa con máis de 20 caixas de cousas, pero é a mi?a decisión e arrisco.

martes, julio 18, 2006



70 ANOS

Onte cumpríronse 70 anos da que debería presentarse como a primeira fecha de Guerra Civil, aquel fatídico 17 de xullo na base de Atalayón, en Melilla.
A verdade e que eu, como case todos, contaba o 18 como a fecha verdadeira ata que lin o libro de Carlota O´Neill: Una mujer en la Guerra de Espa?a, e por unha serie de razóns que non ve?en ao caso, conseguín contactar coa súa filla, coa que aínda me escribo. Ela non se cansa do seu intento de recuperar a memoria dos seus pais, e de lembrar aquel 17 no que heroicamente o seu pai defendeu ao Goberno Lexítimo, ao que prestara xuramento.

Hoxe é un día máis de lembranza, de recuperación da memoria histórica para ter coidado co futuro. E esta lembranza faise aterradora se temos en conta aquelas declaracións dos verdadeiros protagonistas de ambos bandos que aínda viven (porque a estas alturas non deberíamos pensar en culpables e inocentes). E lamentablemente tamén de lembranza polos que xa non están e aos que non souben escoitar como debera.

E unha lembranza máis que especial a esa mulleri?a, a quen me gustaría co?ecer, cuxas ideas a voltaron manca....


Rosario, dinamitera,
sobre tu mano bonita
celaba la dinamita
sus atributos de fiera.

viernes, julio 14, 2006

SENZA VERGONZA

Onte vin a unha parella de trinta?eros, ben vestidos e o rapaz cun móbil dos bos, que estaban a estafar aos pobri?os de boa fe (nos que me inclúo).
Estaba a esperar na estación cando a rapaza, con cara de case chorar achegóuseme e me pediu cartos porque non ti?a o bolso e non ti?an forma de voltar a casa. Faltábanlle preto de catro euros para o billete.
Eu onte estaba especialmente sensible co tema de non poder chegar a algunha parte por perder o bus e dinlle algo. Caín con ese par de caíns.
Por motivos que non ve?en ao caso estiven esperando nesta estación preto de dúas horas.
E vin como, pouco a pouco, unha morea de xente caeu na rede como chirlos. E estes seguían traca que traca (máis de catro euros seguro que acadaron). O certo é que case todos os que rascamos o bolsillo éramos xóvenes que, en certo modo debimos po?er no seu lugar.

Cando xuntaron suficiente, marcharon, agarradi?os da man cara un punto no horizonte onde quedaba un bar. Non subiron a ningún autobús (cónstame que pechou a estación e eles non entraron). E me sentín tan gilipollas como todos os colaboradores nese billete imaxinario, de teren estado alí.

CANCODRILO

O que todos sabemos sobre eses seres chamados cancodrilos (primos irmaos dos caimáns) é que choran, choran por todo, e por nada á vez. Choran sen que as súas bágoas signifiquen nada especial, simplemente por limpar os ollos.

Recordo unha entrega de Zipi e Zape no que Jaimita empe?aba os seus malogrados aforros para mercar un bolso de cancodrilo e llo deran de prástico. Para comprobar a veracidade do choio achegáranse con el a un cancodrilo e este comezou a chorar, a chorar e a chorar. Sen dúbida reco?eceu a un parente seu, se?ora... e ela marchou toda convencida ata que outro vendedor máis fiable lle dixo que aquelo era máis falso que os LV de Ebay, e os Colchóns de Látex de Promosiglo, e que os cancodrilos choraban por sistema.

Eu ás veces tamén son un pouco cancodrilo.

jueves, julio 13, 2006

PROTOCOLO E ORDE DE PRECEDENCIAS

Onte pola tarde levei un desgusto bastante grande cando comprobei que todo o que podía esperar dun curso de protocolo e cerimonial eran catro transparencias chungas cun gusto do dese?o e do espazo case nulo.

Pero bueno, te?o croquis de como se deben sentar aos reis e, no suposto caso de que algunha vez na vida te?a un simple contacto visual con eles, saberei se están ben ou mal sentados (cousa que xa sabía Thanks of Ramsex)

Do mesmo xeito que o protocolo considera de mal gusto sentar ás mulleres na esquina dunha mesa (aínda que iso xa comeza a cambiar), eu tamén considero de mal gusto meter nun espazo reducido (estilo zulo) a dúas persoas de distinto xénero cando non son parella; estou en contra do que o protocolo chama o "descanso matrimonial"porque, se se fai unha alternancia muller e home diferente ás parellas na busca dese descanso, ?por que non se fai no caso de que sexa unha mesa chea de homes e unha parella?. ?Porque se tenta compartir ese espazo pequeno cunha alternancia e nin sequera se plantexa a posibilidade de situar xuntos a dous pares?

Pero do mesmo xeito, considero de mal gusto manter unhas normas ou obrigas cando poidan molestar a estes convidados.

O marabilloso mundo do protocolo VOL.I

PRODUSME LANCOLÍA

Ás veces cada unha das situacións novas que vives, parece completamente co?ecida. E as tristuras que embargan a túa existencia, e que parece que non te?en motivo, están provocadas por tantos que nin sequera se é capaz de discernir.

Sentimentos que che producen ledicias repentinas e felicidade, terminan sendo os mesmos (que xunto outro mare magnum de razóns) fanche encoller o corazón e desexar ferventemente non ter saboreado ese humor.

E é que canto máis subas, máis forte será a caída. E despois de ter tocado o ceo coas mans e de ter saboreado tanta dozura salgada, e de ter practicamente todo o que desexaría... outra vez te?o pánico a que se empa?e o cristali?o da mi?a existencia moito máis do que está, e que a única ledicia (ou unha das únicas) que disfruto neste momento tórnase gris.
Pero o peor é, e de ahí o desconcerto de que a esta ledicia (a máis grande) faime temer e tremer, e outra vez me embargo de melancolía.

lunes, julio 10, 2006

MEDO Á GORGONA

Pois iso, que despois de todo o que levo andada, tanto soa como acompa?ada... podo dicir outra vez que te?o medo á gorgona. Si se?or, a esa se?ora de cabelos de serpe que deixa quedo a todo aquel que ouse mirala aos ollos. E sen embargo creo que esta, precisamente, é a única forma de que remate o seu encantamento. Mirala directamente aos ollos sen medo, sen ningún medo...
Pero eu a temo, e temo que volte a deixarme totalmente queda como cando fun a ver a súa colega, na chocolatería.

miércoles, julio 05, 2006


O CHICO DO CORO

Non o pensedes, non é ningunha película, pero si poderíamos falar de diversas películas mentais con diferentes personaxes masculinos que nin sequera se decatan de que son os protas.

A rapaza da película sempre é a mesma, e a forma de cruzarse, entrecruzarse, e hilvanarse é ab libitum. A guionista destas películas tamén sempre é a mesma: esa pequena mirinda que, ás veces acompa?ada por tocaias con igual mente asasisna e os mesmos desexos, escribe unha novela ao estilo (que non ao Fiat Stilo laranxa) de Corín Tellado.

Sen dubidar da boa fe, non deixa de ser un pouco esperpéntico. E non podo deixar de pensar naquel pobre rapaz do coro ao que tanta manía lle tomei por pura insistencia da súa existencia.

martes, julio 04, 2006

MEDO

A tristura gris do día, envolveume aínda cando todavía non sabía o color do amencer. Estaba recén duchada, arrecendendo a un deses xabróns que levantan os ánimos, e sen abrir a ventá pola mi?a inusitada situación de nudista, silbou algo encarnado na meseta de noite.
E sentín tenrura á vez que me achegaba para aterrorizarme polo que posiblemente me esperaba. Unha voz dubidosa e entrecortada non acababa de contarme o que sucedía mentres o meu corazóns se enrugaba e encollía tanto que pensei non volvelo a ver.

lunes, julio 03, 2006

CONSELLOS

Ás veces un neno deixa de selo, ou pinta por primeira vez de adulto cando che da un consello. E da igual que mentres cho dé a súa voz siga a ter gorgoritos ou que todavía presente unha cara imberbe. Simplemente é preciso que o consello sexa bo ou, de non ser o caso, que sexa o suficientemente obxectivo.
E non seguirei o consello porque non ten sentido levalo a cabo, pero será como un tesouro metidi?o nunha caixa prateada cun ganapán e un conto.

O CARNÉ DE PUNTOS

A fin de semana foi realmente productiva para os ladróns de puntos. Din que no noso pequeno terru?o case acadan un milleiro, e non o dubido. Eu, a verdade e que temo a eses ladróns tanto, que como se fose un tesouro levo tempo co carné agochado na profunda e erma espesura da terra.

A min, máis que os ladróns de puntos gústanme os magos que os reproducen cun toque de vari?a máxica. Deberían parar de cando en vez a un conductor cívico e dicirlle, gustoume esa manobra que logrou non estampar a ilusión dun neno con forma de pelota, e darlle unha manchea de puntos, como se fora un pucho de cereixas.

Do mesmo xeito, o outro día eu regalei unha manchea de puntos a quen os ganara. A verdade é que despois da grata sorpesa e o non-egoísmo conseguiu que esquecera todos os puntos perdidos e que recuperara gran parte deles, quedando un saldo cuase positivo.
Sen dúbida eu tamén son da opinión e que estamos a vivir o que non se viviu, e a verdade gústame ver como reflúen os puntos outra vez mentres os ladróns de puntos estultan o meu carné para sacarmos de vez.


Contador Gratis