viernes, junio 30, 2006

PEQUENOS DETALLES

aut quam sidera multa, cum tacet nox,
furtiuos hominum uident amores:


Con litros de cafeína correndo polas mi?as veas, arroupada por unha noite clara e casi ás agochadas, corrín como un mosquito cara a luz e desliceime durante un bo rato sobre as li?as amarelas e, incluso superado o medo, sobre a zona non pintada.
Ao final non puiden escapar do atractivo da media lúa que se debuxaba no a?il e senteime un pouquechi?o. Non sei canto tempo foi, pero a verdade e que fiquei realmente hipnotizada (como coa gorgona) durante horas (ou iso pareceron).

E por fin me decatei de que o que máis me molestara de todo, e que non cumprira a promesa dunha bóveda celeste, o suspiro dunha posta de sol, que non escoitara o susurro do aire na cara, de non notar a area pintada de noite nos pés, daquelas ondas que se perden na escuridade, dunha lúa chea (e incluso partida) nun paraxe alto, un castelo de contos ou simplemente unha conversación alongada ao carón dun río, ou dunha taza de café medio chea.

Das cousas que realmente importaban.
.....................................

E por fin me levantei, saquei os patíns dos pés e fun marcando o paso polos adoquíns.

jueves, junio 29, 2006

CASUALIDADES



Como por arte de maxia, acabo de abrir o meu correo e atopeime co misto que fai días iluminou o celemín.


TO BE OR NOT TO BE

Para min, a mellor das comedias sobre o nazismo. Onte falei dunha dos gags da peli e hoxe non dou atopado a imaxe que lle corresponde (pero seguirei intentándoo), pero calquera dos diálogos ten bastante miolo como para botarse unhas risas (cómo sería en versión orixinal)


-"Me sentía tan mal después del ensayo, le dije a Doobosh que pusiera primero tu nombre en el cartel"
-"?Lo hiciste, cari?o? Es tan amable por tu parte, realmente no importaba."
-"Eso dijo Doobosh, así que lo dejamos como estaba".

NON É BO

Ás veces é máis doado dar consellos que seguilos, e incluso que cumprir o que predicas. A distancia con que se miran algúns dos feitos axuda a ter unha visión menos polarizada do facto en si, e sempre é boa unha segunda,unha terceira opinión ou centos delas para valorar.

Non me gustou. Suponho que o vexo demasiado desde fora, e que non podo valorar certas actitudes (ou aptitudes) pero non me gustou.

A relación recordábame tanto a moitas tantas outras que non merecen tal nome... e o valor do elemento máis achegado é sen dúbida infinitamente superior ao do elemento arrexuntado... e que cada un ten que ver o seu pero, se non é bo para min non é bo para ninguén.

DE AMICITIA

Onte pola tarde participei nunha conversa con bastante de filosofía e moito de lingüística e etimoloxía (que me corrixa o aldanao de equivocarme) sobre a verdades da vida, a existencia e a libertade (grave erro do título anterior xa subsanado).

E, do mesmo xeito que onte facía apoloxía da libertade, hoxe non me quero quedar curta parafraseando a Cicerone co seu tratado sobre a amizade (unha vez máis).

Despois de ter uns certos recordos que fluiron na minha mente con bastante nitidez chamei ao Cacho que tenho por ahí na marinha lughesa para botar, como sempre unhas risas. A pesares de todo podemos seguir facéndonos rir a cachón somentes con catro paridas que nunca quedan desfasadas. E así como tantas veces nos últimos meses fun eu quen riu, onte fixen rir (e rimos).

E paseei por esta cidadela cunha Crepe moi ben ataviada, cunha conversa que derivaba de moito tempo de co?ecidos e un achegamento xeográfico importante (aínda que a Crepe era internacional e eu non pasei de ser rara avis d´aldea). Pero quen poderá volver a recordar aquelas frases que traduxen sen moita fortuna (ton basileus) e imitar a PP sen xa reconres pero co mesmo rinosson (que non rinoseronte) de pataca esburacada dicindo a súa frase mítica (e non me refiro a antonomasia).

Onte como sempre me sentín a bastarda do grupo de letristas no que me movia e que de movere un pouco máis posiblemente me fixera mellorar a pronuncia a lo menos no portugués. Pero ao mesmo tempo me sentín aunida e movida (movere) pola impertinente parafraseada daquel Héliax que é capaz de romanizar a minha aialma.

E me sinto como Ático-amigo-loado (ou mesmo como compadre de Scévola)descubrindo que Ghana ten unha selección chea de ghanosos

"Chicoooooooss as linguas románicas saen do Latín"

miércoles, junio 28, 2006

DE LIBERTATE

Cada un de nós é libre (nunca mellor dito) de ter a súa propia concepción da libertade ou de adherirse a algunha teoría das vixentes. Non falarei de ningunha dela en concreto, porque eu non son filo-sofa, pero si da mi?a concepción da liberdade.

A liberdade é sen dúbida algunha un estado da alma, e para elo non é preciso estar realmente ceibe (me refiro físicamente ceibe). Simplemente (ou non de xeito tan simples)é preciso ter unha sensación, precisamente ESA sensación. E se pode conseguir de multiples formas

Ultimamente me sentín libre por diversas circunstancias e diversas situacións, algunhas delas moi pequenas, casi insignificantes, pero con algo capaz de crearme ese sentimento.

Liberdade sería por exemplo non arrepentirme de nada, pero tamén deixar marchar un segredo como o que se me escapou o outro día entre as pedras candentes desta cidadela (e que onte reproducín para quen me importaba).
Libertade é conseguir escapar a un canto de serea (destruíndo o mito) ou falar dos teus sentimentos tantas veces oprimidos.
Libertade é ver o futuro de frente e sen medo a cruzar a vista, ou por fin decatarse de que o motor da propia existencia é realmente noble.
Libertade é saber que te podes equivocar pero seguir ese cami?o.

Pero sobre todo libertade é chegar a casa, quitar o reloxo e pensar que ata as 7 da ma?á do día seguinte eres completamente libre.

WICKED GAME

Falando de xogos e de xogadas, hai algúns que non o son tanto aínda que parezan.

Ás veces as cousas cambian tan de súpeto que o que nun principio parecía un xogo de intencións se converte nunha realidade máis que crúa.
Ás veces os desexos non son tales e se formulan en voz alta. Outras veces os desexos reales se calan. E outras, os desexos son tan cambiantes que se podería falar de capricho.

Moitas veces escoitamos cantos de sereas e non nos decatamos que o que temos en fronte nada ten que ver coa fermosa muller que se peitea cunha comba de cuncha, se non con aquelas arpías que castigaban a Fineo.

Os xogos ás veces son perigosos, sobre todo se non son xogos e se (por un casual) o xogo é parecer adultos.

martes, junio 27, 2006

XOGANDO

Ás veces os xogos que comezan como un pasatempo consiguen convertirsen nun verdadeiro PASATEMPO.
Xogando con títulos de cancións atopei un pequeno burato onde o tempo se parou completamente e a mente comezou a pensar en tantas veces que escoitando esta canción sentín o que a súa letra dicía.

E agora non son capaz de deixar de pensar nela, a pesar de que xa non me importe quen ga?ou este xogo e que a letras me traia percepcións bastante diferentes (ou demasiado parecidas)

INSOMNIO

Levo varios días que son incapaz de durmir ben. A horas demasiado tempraneiras péchanseme os ollos dun xeito case impúdico e cando me consigo deitar, manté?oos abertos durante horas e horas, mentres a mi?a mente vaga e a mi?a mandíbula renxe.

Na escuridade do meu cuarto (que non sempre da noite) os meus ollos poden reflectir no teito unha e outra vez diferentes filminas xa vividas (ou pertencentes á i-rrealidade)pero fragmentada, coma os pedazos de celuloide no chan de Cinema Paradiso, a espera de inflamarse con un pouco e lume e perderse para sempre (ou facerse aínda máis pequenos e máis borrosos)

viernes, junio 23, 2006


HERDANZAS

Agora, co cuarto de século cumplido, podo dicir que a mi?a personalidade está formada por pequenas pinceladas de moita xente que pasou pola mi?a vida. Algunhas destes trazados te?en algo de elaboración pola mi?a parte, e outros son tal cual os adquirín
Tamén é certo que en parte hai algúns riscos hereditarios no meu carácter. Eu non o podo asegurar totalmente pero din que te?o os xestos dalguén a quen nunca co?ecín (polo que o meu ADN debe ter unha pequena anotación destas manías que eu reproduzo anos despois)

Unha das mi?as "herdanzas" son os meus gustos musicais... marca moito ter familiares xóvenes cando un está aprendendo a escoitar. Pero agora, cando xa ti?a o meu gusto musical bastante formado, todavía adquiro outras músicas de persoas que me rodean (un gran re-descubrimento de Jarre).

E de súpeto me descubro a min mesma motivándome un venres a primeira hora da ma?á con un peculiar grandes éxitos.

jueves, junio 22, 2006

QUEN NON FOI ALGUNHA VEZ UN IOGUR DE FRESA

Citando a minha canción preferida de a polo ghit, comezo este post, cando todavía cos ollos soninholentos do sono acumulado, e a cabeza chea de sonhos me pesan demasiado para ter ganas de ponherse a traballar.

A noite de onte foi rara, demasiado rara. Con un cambio radical de plan enriba do plan. O (segundo) concerto estivo moi ben, ao fin e ao cabo aquela reencarnación de Igy Pop enriba do escenario facendo co?as con un sabor agridulce de ton político, non deixou de ser simpática.

Lástima de luz (e en petit comité de tacóns)

miércoles, junio 21, 2006


PARECIDOS RAZONABLES

O dos parecidos razonables é un mundo aparte segundo quen mire. En moitas ocasións podemos atopar parecidos con xente, e cando o comentamos con alguén sentirmos raros ou cunha visión diferente.

O outro día collín nas mi?as mans un libro dun dos meus pintores favoritos, Klimt, e na súa portada de Dánae puiden ver a Paz Vega. Ninguén máis atopou ese parecido, nin eu sequera outras veces que ollei esta obra. Sen embargo, agora cada vez que o vexo non podo deixar de ver a Paz Vega.

Un compa?eiro me dixo que o dos parecidos é porque cada un nos fixamos de primeiro nuns determinados rasgos faciais que destacamos do do resto. Supo?o que Dánae ten de Paz a súa boca e o seu nariz. Por iso pode ser que non sexa capaz de reco?ecer a Cage no rapaz sorrinte de abaixo, e cecáis o caratriangular ten máis de Robert De Niro do que parece...

O simpático é que todos os días podo ver nos ollos e nas formas de alguén, aquela amiga que co?ecín no instituto. E todavía é máis simpático cando o intento razoar: non sei que é pero o certo e que é.

I HAVE A DREAM

Hoxe tiven un sonho. Un sonho marabilloso. Había PERSOAS e felicidade. Nese sonho acontecía o que eu fai un tempo que desexo, e como se fora a realidade, neste sonho tamén houbo un momento de pesar polos que xa non están.

Nesta pequena irrealidade sentinme unida máis que nunca a alguén, aínda que non pasou nada tan importante que nos vencellara. Sen embargo estaba ahí e notaba como os nosos pasos polas baldosas amarelas se acompasaban.

Hoxe tiven un sonho, e era tan real que despertei pensando que todo iso pasara.

I have a dream that one day this nation will rise up and live out the true meaning of its creed: "We hold these truths to be self-evident: that all men are created equal."

martes, junio 20, 2006

CENTOS E MILES DE TALLAS NUNHA

Onte tiven un día de eses que tes un desexo e que ao final, cando o cumples, non ten nada que ver coa imaxe que ti?as dese desexo.
Fun ata o centro en busca dalgo concreto, algo que faría subir algo máis que a mi?a autoestima, pero despois de probar e probar... só conseguín contentarme con el.

E é verdade que o efecto do meu capricho de onte non o poderei sentir de verdade ata dentro dunhas semanas... pero polo pronto sei que non será o que me faga sentir chispeante

lunes, junio 19, 2006


CANTOS DE SEREAS

A mitoloxía fala dos cantos de sereas como dalgo infinitamente máis poderoso que calquera home e que fan, precisamente que os homes se acheguen irremediablemente cara o seu fin.
Á mitoloxía clásica fala de dous heroes ou superhomes que conseguiron escapar deses cantos, e non porque realmente escaparan, senon porque pensaron con antelación aqueles mecanismos de defensa que poderían usar na contra de ese supremo desexo ao oir esas voces traizoeiras.
De feito Jasón fixo cruzar polo Mediterráneo aos argonautas logrando escapar gracias aos cantos de Orfeo. Pero a idea de Odiseo foi moito máis elaborada que escoitar esa fermosa lira órfica.

Odiseo sabe que antes que nada é un home, polo tanto faise atar ao mástil do barco, reco?ecendo a súa fraxilidade fronte estas criaturas. Se ben é certo que deusa Circe lle advertira sobre aquelas criaturas que encantan a cantos homes van a encontralas e que aquel que sucumbira baixo este canto perdería a súa individualidade e se fusionaría coa natureza.

Odiseo reco?eceo superpoder do canto das sereas e non as desafía. Unta pan de cera nas orellas dos seus compa?eiros e consegue que o aten ao mástil do barco. El está atraído polas sereas máis que ningún, pero dispuxo todo para que aínda caído non puidera caer no poder delas.

Eu pensei de sucumbir ao canto dunha serea, pero finalmente puidenme salvar gracias cecais ao tapón de cera da mi?a orella (aínda que esta cantaba polo lado esquerdo e non polo dereito. Lamentablemente non ti?a disposta a mi?a tripulación como Jasón ou Odiseo e terminaron despe?ándose contra as rochas...
Non sei que sería das sereas, ou desta serea tras conseguir deixar a alguén fuxir, a historia non me conta o final do drama, pero non me parece difícil adivi?ar que foi a unha especie de Limbo dos Ruíns nos que se atopan todos aqueles persoaxes mitolóxicos chinchados ou enganados polos herois (máis aqueles adversarios que foron vencidos un a un por Songoku)

THAT´S IS ALL FOLKS

Pois iso, esto estó esto estó esto estó amigos! (me estou acordando agora de certa ma?á na que despertei cunha imitación soninholenta dun profesor ;-)

Hoxe parece outra vez que vai chover. O meu oído xa non chía tanto aínda que non deixa de recordar quen é e onde está. E os recordos dun pasado demasiado achegado están tan mesturados que non sei que é o que me vou a atopar cando abra a seguinte porta.

Sen dúbida que o tempo o dirá, aínda que este mesmo tempo é o que tamén ensina a perspectiva de outras portas que antes non nos decatáramos de que existían... Ou si pero doutra forma.

Esta manhá gris e plomiza me deu unha sorpresa matutina bastante grata (desde o punto de vista de alguén que quere disfrutar cada segundo desta vida que por moito que dure sempre se queda corta). E esta tarde achegareime até o centro a disfrutar deste novo estado de ánimo que te?o (coidado Amancio que vou!)e a botarlle un ollo a prensa nacional 8-D

jueves, junio 15, 2006

TARAREANDO UNHA CANCIÓN

Pierdo mis defensas
en los recodos de la angustia.
Busco una mirada,
cada momento, en todas partes.
Mi vida no es de nadie,
ni yo le pido a nadie nunca
que haga algo que yo mismo
tampoco haría sin dudarlo.
Y solo sé que no puedo estar;
si tú te vas, mi casa voy a quemar.
Y ella está tan sola
que huye el centro de la calle.
Su puerta y su mirada
cerradas a canto y a cal.
Y sola, sé que no puede estar;
y ahora sé que se perderá.
Y al final, sólo envidia y ambición;
y ya sé que sin buscar no encontraré.

Paso al loco de la calle.
Paso al ansia de vivir.

Mi cuarto es tan peque?o
que nunca encuentro sus esquinas.
Desde que tu te has ido,
se ríe de mí la soledad;
te espero en los caminos
y te confundo a todas horas.
mientras estoy perdido
los ni?os me han dicho que lloras.
Y solo sé que no puedo estar;
si tú te vas, mi casa voy a quemar.
Y al final, sólo envidia y ambición;
y ya sé que aunque busque nunca encontraré.

Paso al loco de la calle.
Paso al ansia de vivir.

Non sei por qué hoxe me descubrín tarareando esta canción.
Supo?o que ás veces a mi?a mente xenera músicas da nada.
Ou supo?o que a tarde de onte foi marabillosa.

miércoles, junio 14, 2006

?OI!?MENUDA TROPA!

Ás veces acabamos soprendidos de por qué os nenos son como son. De por que non te?en valores morais e que soamente pensan en eles, sen importarlle para nada o resto. Eu cheguei a conclusión durante o CAP de que pouco aprendíamos apra enfrontarnos coa realidade dos adolescentes, pero creo que en maxisterio tamén pouco aprenden para formar a esas personi?as que, cunha inmensa mochila pendurada, van día a día a un centro de ?formación?

O outro día a casualidade fixo que me atopara con un especimen chungo e desagrable desa parte da raza de ensinantes que non ten de iso máis que o título. Rudo nas súas maneiras e nos seus modales despediume en todo momento de malas formas, incluso cando lle ofrecín un pequeno agasallo no noso encontro.
Hai que ver como este tipo de xente (que non persoas) supedita o seu interese persoal de notoriedade e importancia, á pequena ilusión dos cativos. E eu pensei que a percepción que ti?a dos meus profes de pequena era mala...

martes, junio 13, 2006

OT-ITE

Buff. Menuda noite a de onte, e os meus augurios para hoxe non son moitos mellores...

En tre momentos onte perdín a percepción espazo-temporal, e me situei en tres épocas diferentes da mi?a vida, sentindo a mesma sensación e paladeando o mesmo sabor de boca.
Lembrei aquela ultima vez na que me entrara auga no oído e tivera o mesmo resultado que onte. Vestía un ba?ador azulón e rosa fucsia deses de atar ao pescozo. Ti?a unha rozadura nas pernas e ía descalza para casa, dando pequenos chimpos polas pedri?as que se me cravaban nos meus peci?os. O día estaba gris e rosa e agoiraba unha treboada das boas. Pola noite, mentres os tronos estouraban a cúpula celeste, pensei que quedara sen tímpanos. E nesas estou.

Unhas horas máis tarde lembrei aquela vez que non podía do estómago. Agora nun piso se?orial de Pontevedra decorado bastante ostentoso para seren piso de estudiantes. Vin fatal no autobús, e decidín que mellor era quedar na casa e facer unha sopi?a ou algo que me fixese sentir mellor. A media tarde, en medio dunha dorosa sesta, vin como a porta se abría e como unha bolsi?a de papel daba paso a uns ollos claros que anunciaban miles de mimos que dar.

Finalmente recordo unha ventana que daba ao patio. Unha cama pequena. Unha pantalla de teléfono que se acende unha e outra vez amosando na súa cara encendida un montón de palabras provocadoras que me incitan a seguir un xogo que me gusta. Respirei ese ar de habitación e non era o de Santiago, era o doutro mundo, outro lugar outra época e unha rapaza cun lustro menos facendo cábalas de posibilidades sobre catro li?as de letras.

E as tres era eu, e agora non son ningunha. E onte, era as tres, aínda que con finais diferentes.

lunes, junio 12, 2006

A IMPORTANCIA DE CHAMARSE ERNESTO

Supo?o que todos nalgún momento odiamos o noso nome, sobre todo os que, coma min tempos un nome propio composto. Co tempo lle collemos cari?o e incluso podemos debuxar matices coa forma deste nome.

A min me chaman diferente segundo quen fale comigo. Os meus amigos me chaman sempre polo diminutivo máis breve; sen embargo algúns o galeguizan coa terminación en i?a. Que non por iso deixa de gustarme.

A xente de fora me chama polo nome ou polos dous nomes e, nun intento de congratularse comigo hai quen me chama por un diminutivo composto que a estas alturas odio. ODIO.

A verdade é que eu me sinto máis identificada polo meu primeiro diminutivo. Me da caracter, personalidade, e normalmente so me chaman por el os achegados (aínda que ás veces o faga outra xente que non me gusta). O outro día co?ecín a alguén que me conquistou ao chamarme así. Cando escoitei esa nova voz que sen ser ensinada aprendera o meu real nome, sonoume como a auga das fervenzas e sorrín. Acabábame de conquistar!

Igual que me sucede a min, te?o compa?eiros e amigos que gustan máis dun diminutivo. Algúns me saen espontáneos porque os te?o vencellados a unha cara. Outros saen máis atropelados pero saen. E igual me pasa cando alguén chama a alguén polo seu nome de pía ou intenta facer un diminutivo erróneo, que crea unha barreira tan inquebrantable que escoito un eco lonxano que fala dalguén que non co?ezo.

Ernesto non é importante se non se sinte. Creo que todos respostamos mellor á importancia de chamarse Ernest. Tito. Nesto....

UN VOLCÁN EN ERUPCIÓN

Estes días te?o a cabeza e o corpo tan raros,que parezco unha olla en ebullición que pode botar por fora en calquera momento. Ás veces penso unha cousa, outras outra diferente e finalmente non sei cal das dúas vai a ser a hipótese que dure máis tempo.

Posiblemente estes cambios de lúa sean os que propician esta manchea de sentimentos enfrontados que me fan dudar de prácticamente todo, incluso das cousas que en ningún momento dubidei...

Supo?o que o meu lado máis infantil me fai meterme na burbulli?a de colores e deixarme levar polo aire alto moi alto, como Alicia pola lebre con sombreiro e gafas (o bau con gafas para a petouti?a), aínda que sei que canta máis altura colla máis posibilidades te?o de que estoure a pequena burbulla.

A verdade é que me recordo moito ao anuncio de Cola Cao de Dani Pedrosa "Dicen que lloró como un ni?o, pero qué quereis, si es un ni?o"

sábado, junio 10, 2006

CASUALIDADES...?IGUAL OU DIFERENTES?

Onte cheguei pola tarde a este pequeno lugar do mundo onde parece que o tempo non pasa e te atopas arroupada. Onte combatin o calor e o hastío cun pequeno ba?o neste mar que me mirou, e me mira, crecer. E onte sumerxinme no pasado da man dunha vella habitación, un armario demasiado cheo e unha caixa azul de estreli?as brancas des-pechada cun esparadrapo.
....
E descubrín o argalleiro que pode ser o meu cami?o, e as casualidades que ten a vida ás veces... e que condenadamente irónicas poden ser as Parcas que fan nós que enguedellan a vida dun unha e outra vez nos mesmos fíos.
....

viernes, junio 09, 2006

CANDILEJAS

Percepcións persoais. Onte escoitei o que levaba case un mes querendo escoitar, e lonxe de volverme tola como un chascarrillo, respirei fondo e pensei. Si,pensei. e mira que era raro que pensara co sono que ti?a e baixo a luz azul grisácea daqueles ollos que me miraban. Respirei outra vez e dixen todo o que quería dicir, o que me arrepentiría de non dicir se me deixara levar. E iso que a situación non era para menos.

Onte, as veces que me espertei durante a noite pensei que todo era un so?o, ou mellor, que todo fora un so?o. E sen embargo a realidade está a facer mella na mi?a pituitaria todavía e na mi?a mente-non-desperta.

jueves, junio 08, 2006


CAMISA AZUL, EL YUGO Y LAS FLECHAS...

... vestía yo cuando aún dudabas tú
perseguido por izquierdas y derechas
caía yo cuando aún dudabas tú...


Supo?o que hai días que un se levanta con unha banda sonora na cabeza que non é para nada a súa. Esta foi a mi?a desta ma?á, e sinceiramente nada que ver coa falanxe (para nada nada nada) aínda que te?o que admitir que a mi?a pasada animadversion por este grupo, xa non é tanta.
E non é que agora estea facedo apoloxía do falanxismo, nin do franquismo (e iso que admito que as imaxes joseantonianas darían una visión máis GRANDE de Espa?a que as caricaturas franquistas). O que si quero é romper unha lanza a prol deste grupo que, sempre mimentizado coa ideoloxía franquista, foi perseguido polos franquistas de pro e foi utilizado para crear un imaxinario para un novo estado. Lendo textos da Sección Feminina descubrín que baixo esa pátina tremendamente machista se agochan certas ensinanzas máis propias doutro tipo de ideoloxía (pero como dixen con anterioridade agochado, agochado, desas cousas que non podes atopar á primeira).

Sen embargo, cando pensamos na Falanxe todos pensamos naquel esperpento de dictador que se facía retratar co xugo e as flechas á altura do peito ou do ombreiro naquel cadro, cual Santiago-Matamoros-Patrón-de-Espa?a, coa súa Garda Mora por detrás que tanto fixo sufrir a aqueles que por desgraza lles tocou vivir o alzamento en terras africanas (un momento de silencio por Virgilio Leret e os seus compa?eiros).

E sen embargo... o mellor que lle puido pasar a Franco é que José Antonio caera os primeiros días da guerra porque se non, non se aproveitaría como o fixo dunha ideoloxía innovadora que (como vén di a canción coa que comezo... perseguido por esquerdas e dereitas)buscaba outro destino.

Salud e República!

miércoles, junio 07, 2006

PANDÉMICA E CELESTE

Un dos meus grandes descubrimentos de COU foi Jaime Gil de Biedma, como da facultade Modigliani. Recordo que a súa poesía real, do día a día, chegoume máis rápido e de fronte que a de outros máis co?ecidos e renombrados (aos que obviamente non nomearei...)

Despois dun tempo de separación, o outro día por cousas da vida voltei a buscar os dous poemas que máis me gustaran, ou a lo menos, que máis me chegaran a impresionar. E mentres que un despertou en min case as mesmas sensacións, outro deixoume un matiz diferente ao que ti?a mentalizado (debería imaxinalo por Catulo) Tanto foi así que me asesorei coa Fillo assassina e me confirmou o que eu sabía, e a quen lle adico esta marabilla.

Lede esta magníficam opera

quam magnus numerus Libyssae arenae
...
aut quam sidera multa, cum tacet nox,
furtiuos hominum uident amores.
Catulo, VII


Imagínate ahora que tú y yo
muy tarde ya en la noche
hablemos hombre a hombre, finalmente.
Imagínatelo,
en una de esas noches memorables
de rara comunión, con la botella
medio vacía, los ceniceros sucios,
y después de agotado el tema de la vida.
Que te voy a ense?ar un corazón,
un corazón infiel,
desnudo de cintura para abajo,
hipócrita lector -mon semblable,-mon fr?re!

Porque no es la impaciencia del buscador de orgasmo
quien me tira del cuerpo a otros cuerpos
a ser posiblemente jóvenes:
yo persigo también el dulce amor,
el tierno amor para dormir al lado
y que alegre mi cama al despertarse,
cercano como un pájaro.
?Si yo no puedo desnudarme nunca,
si jamás he podido entrar en unos brazos
sin sentir -aunque sea nada más que un momento-
igual deslumbramiento que a los veinte a?os !

Para saber de amor, para aprenderle,
haber estado solo es necesario.
Y es necesario en cuatrocientas noches
-con cuatrocientos cuerpos diferentes-
haber hecho el amor. Que sus misterios,
como dijo el poeta, son del alma,
pero un cuerpo es el libro en que se leen.

Y por eso me alegro de haberme revolcado
sobre la arena gruesa, los dos medio vestidos,
mientras buscaba ese tendón del hombro.
Me conmueve el recuerdo de tantas ocasiones...
Aquella carretera de monta?a
y los bien empleados abrazos furtivos
y el instante indefenso, de pie, tras el frenazo,
pegados a la tapia, cegados por las luces.
O aquel atardecer cerca del río
desnudos y riéndonos, de yedra coronados.
O aquel portal en Roma -en vía del Balbuino.
Y recuerdos de caras y ciudades
apenas conocidas, de cuerpos entrevistos,
de escaleras sin luz, de camarotes,
de bares, de pasajes desiertos, de prostíbulos,
y de infinitas casetas de ba?os,
de fosos de un castillo.
Recuerdos de vosotras, sobre todo,
oh noches en hoteles de una noche,
definitivas noches en pensiones sórdidas,
en cuartos recién fríos,
noches que devolvéis a vuestros huéspedes
un olvidado sabor a sí mismos!
La historia en cuerpo y alma, como una imagen rota,
de la langueur go?tée ? ce mal d'?tre deux.
Sin despreciar
-alegres como fiesta entre semana-
las experiencias de promiscuidad.

Aunque sepa que nada me valdrían
trabajos de amor disperso
si no existiese el verdadero amor.
Mi amor,
íntegra imagen de mi vida,
sol de las noches mismas que le robo.

Su juventud, la mía,
-música de mi fondo-
sonríe aún en la imprecisa gracia
de cada cuerpo joven,
en cada encuentro anónimo,
iluminándolo. Dándole un alma.
Y no hay muslos hermosos
que no me hagan pensar en sus hermosos muslos
cuando nos conocimos, antes de ir a la cama.

Ni pasión de una noche de dormida
que pueda compararla
con la pasión que da el conocimiento,
los a?os de experiencia
de nuestro amor.
Porque en amor también
es importante el tiempo,
y dulce, de algún modo,
verificar con mano melancólica
su perceptible paso por un cuerpo
-mientras que basta un gesto familiar
en los labios,
o la ligera palpitación de un miembro,
para hacerme sentir la maravilla
de aquella gracia antigua,
fugaz como un reflejo.

Sobre su piel borrosa,
cuando pasen más a?os y al final estemos,
quiero aplastar los labios invocando
la imagen de su cuerpo
y de todos los cuerpos que una vez amé
aunque fuese un instante, deshechos por el tiempo.
Para pedir la fuerza de poder vivir
sin belleza, sin fuerza y sin deseo,
mientras seguimos juntos
hasta morir en paz, los dos,
como dicen que mueren los que han amado mucho.

martes, junio 06, 2006


MULLERES DA COSTA

Esta ma?á comprendín o por que me gusta a antropoloxía (máis que a socioloxía relacionada cos meus estudos). Sempre, dende nena, me chamou a atención como dentro de certas agrupacións humanas dentro da sociedade patriarcal na que vivimos, as cousas son diferentes, e como o traballo e a orográfía inflúen no modo de ser das persoas que viven neses lugares.
En concreto sempre me chamou a atención as mulleres loitadoras que se esparcen polas rías galegas. A cultura de patriarcado aparente se desvaece cando un decide cruzar a fronteira e descobre que moitas das cousas se fan porque as mulleres traballan a prol delo. Sei que non se está a falar soamente de clixés, aínda que algúns poidan aseguralo, pero sen dubidalo podería incluso sacar características destas mulleres que dende os tempos anteriores a María Soli?a levan os pantalóns na casa e lle botan peito á vida para sacar a súa familia adiante como só o poderían facelo elas.

Hoxe puiden ver quenes eran as que defendían, unha vez máis os seus dereitos e me sentín orgullosa de pertencer(orográficamente) a esa estirpe de mulleres afoutadas que non temen nada, pese a que calquera podería sacar as propias conclusións das diferenzas patentes entre os dous tipos de caracteres.

lunes, junio 05, 2006


CENTOS DE MILES DE BOLBORETAS

O outro día lin que había unha praga de bolboretas gamma e me fixo gracia. Dalgún xeito pensaba que, como nas pelis catástroficas de Holliywood, ou a praga de langostas bíblicas, centos de eses pequenos insectos casta?os chocarían contra min cando andivese pola rúa deixando o seu po máxico voador na mi?a camiseta branca, debuxando outros centos de mariposas nela. Sen embargo non foi así. E o único que notei esa noite é que ti?a unha compa?eira nova de cuarto, a que ninguén convidara e, que non quería fuxir de ningunha das maneiras.

E alí se mimetizou coa cortina, coa almofada e incluso coa roupa suxa do caldeiro destinado para ese fin. E pola noite, sen terme en conta, chocaba unha e outra vez sabe Dios con que, asustada por tanta escuridade. Finalmente conseguimos que marchara e aletexou durante uns instantes para darme as gracias por acompa?ala durante dous días (ao que eu tamén agradecín cun susurro)

Onte atopei a unha amiga dela dentro do ba?o, e hoxe duchámonos xuntas. E foi como estar outra vez coa mi?a compa?a de dúas noites antes. E me fixo ilusión (aparecen e desaparecen segundo o estado do meu ánimo :D)e incluso notei as cóxegas desta nova compa?eira nos xeonllos e algo parecido no estómago.

Supo?o que ao volver a casa non estará. As mi?as compa?eiras nunca entenderon que o pó das ás era igualmente fermoso de cor casta?a que de centos de cores e, a lo menos, estas bolboreti?as eran menos orgullosas e presumidas que as de beleza admirada.

sábado, junio 03, 2006

IGUAL E DIFERENTE

Fin de semana a medias... e moi diferente a calquera anterior, o demasiado parecido a moitos deles. Un sabor dulce mesturado en moitos casos co sabor da auga salgada da pel e dos beizos. Pode que nada sexa igual a partir dagora ou, realmente pode que nunca nada fora igual antes de agora... E a verdade me da igual. É certo que espero como Lampedusa que todo cambie para que volva a ser igual, pero é que as veces penso que xa nada será igual nos po?amos como nos po?amos.

E as veces me atopo con pensamentos tan contradictorios!!!!! Recordo un post desta log adicado ás campa?as publicitarias de Nobel, e non deixo de pensar que a pesares de pasar tempo entre aquel e o de hoxe, e estar noutra situación sigo pensando o mesmo (e os de Nobel tamén o deben facer cando aínda non descartaron seguir utilizándoa.

viernes, junio 02, 2006


UN XEADO DO FARGI...

A xente que tomou algunha vez na súa vida un xeado artesán do Fargi sabe de que estou a falar. Unha morea de sabores para elexir nun minuto, nunha bola ou dúas e todos igualmente de deliciosos. Agora mesmo o meu sabor favorito é o de mmmmmmmmmmm que difícil.... Por esta razón calquera excusa é fabulosa para achegarse ata o Fargi e disfrutar de semellante pracer, mentres se pasea pola cidade que non deixa de ser outro pracer máis, lamendo a toda velocidade todo o que sobra do cucurucho. Estou mal, ao Fargi.Te?o un día fabuloso, por que non ir a Fargi. Estou agobiada... Fargi. Calor, Fargi. Cansazo, Fargi... Sempre crin que nunca diría que non a unha visita a este pequeno recuncho de Santiago. Pero a realidade é que o fixen.
.....................
Unha hora e algo despois, con outra roupa, outra cara e o mesmo gusani?o no estómago recibía o ar cálido doutra cidade na pel. Chegara! A ver como transcurría o resto do plan. SABÍA QUE MERECÍA A PENA ESQUECERSE DO XEADO DO FARGI POR UNHA VEZ.
Esa noite esquecinme do xeado de Capuccino e de todo o demais mundo de sabores da tendi?a da alameda. De ter tomado o xeado non sería capaz de esquecerme dese sabor agridulce.
........................
E así pasou, aínda que cecais era mellor esquecerme todo e deixarme agradar. Ou cecais o mellor cami?o e deixarme levar polos impulsos (como fixen e fago).

E seguindo coa mi?a teoría das portas (que onte tan ben explicou Pavo)alédome de ter pechado esa porta e abrir a seguinte, aínda que na seguinte chova e eu perdera o domingo o meu paraugas para regarnecerme.

jueves, junio 01, 2006

PONTUS-VETERIS

Encántame esa cidade que, argalleira ás veces, me acolle con un abrazo cada vez que regreso, aínda que só sexan unhas horas de nada... A temperatura agradable o paseo polas rui?as do centro presididos por esa fermosa lúa decrecente e as estreli?as, ademáis do escintilo dos ollos e as azuis luceci?as do Cami?o... todo parece tan diferente que mesmo se pode dicir que o tempo se queda detido nun suspiro.

É sen dúbida algunha a mi?a cidade preferida e, aínda que tamén asocio certos momentos tristes, é bastante frecuente que me palpite o corazón cada vez que descendo do bus...


Contador Gratis