CHAQUETA BERMELLA
Hoxe puxen unha chaqueta bermella á que lle te?o moito aprezo. É dun traxe, pero ao principio foi soamente unha chaqueta. Merqueina fai tanto tempo que non quero acordarme tantas cousas que vivimos xuntas. A ultima vez que a puxen, o 16 de setembro do ano pasado, as cousas eran bastante diferentes e eu ti?a un gusani?o na barriga da ilusión (ademáis de centos e centos de bolboretas de colores que me facían cóxegas no estómago). Hoxe en día a ilusión se cumpriu pero as bolboretas son gamma, e non voan se non que dan bandazos contra as paredes do estómago.
Certas prendas para min están cargadas de simbolismo, e do mesmo xeito que unha canción, me recordan un momento... O domingo pedín permiso para poder po?ela chaqueta a pesar de que creo que é o mellor homenaxe que lle podo rendir ao que foi o verdadeiro home da mi?a vida. A el verdadeiramente lle encantaba esta chaqueta e a ultima vez que a puxen foi el quen me animou a po?ela
...
Do mesmo xeito se abro o armario podo atopar recordos de persoas e de momentos que podo revivir soamente co tacto do tecido... A camisa azul, os zocos de margaridas, a camiseta negra, a outra das letras... do mesmo modo que sei que xente que me rodea me recorda ás veces por certas pezas que agocha no armario ( e da que, ás veces se desfarían de bo gusto como dos recordos).
Sen embargo eu creo que hai que mirar cara ao frente e facer que o presente se convirta en pasado...




