INQUEDANZAS
Cando todo vai ben disfrutamos do momento tanto, que desexaríamos parar o tempo e quedar así. Sorrintes, facendo bromas, disfrutando dunha boa compa?a (e por que non dunha boa comida). E así é a imaxe que nos queda capturada na retina, na mente, no corazón. E pensas que eres realmente feliz, que todo vai ben, que nada o pode fastidiar e te sintes realizada.
Unhas horas máis tardes esquéceste de todo e pretendes que un mensaxe dunha gorgona pode cambiarche a vida, porque xa cha cambiou, porque grazas a ela pasaches toda unha serie de probas para chegar a felicidade actual, pero aínda así temes. E non sabes por que. Non sabes porque temes cando che amosaron un cami?o novo cheo de dóces que agora segues, agarradi?a da man. E sabes que estás armada con paciencia e pasado. E sabes que alguén che abre a porta cando chove e non atopas as chaves no bolso mmm... E descobres uns beizos polas noites en so?os. E pides promesas que mil veces pediches e que non precisas porque sabes que se cumplirán, aínda que quede ahí a espini?a.
E decides tirar a toalla e aos dous minutos decides collela para espantar esas mil moscas do post anterior, armada con ela. E sabes que desta vez podes.
Pero voltan xa as dúbidas, e despois das dúbidas o medo a perder unha vez máis, nun ano que perdín de todo. E saber que estas dúbidas son precisamente as que me achegan a un lugar escuro. E as que poden peligrar a mi?a felicidade.
E que máis dá que se crucen as palabras cando eu cruzo moito máis que iso. E que máis da un café cando eu podo ter un sofá. E que, unha mirada cando eu podo roubarlle centos. E que máis da un paraugas cando xa non chove. E un gran na fronte cando te sabes a máis bela.
E o ar non para de zoar nese mundo onde os cantos de cen umpalumpas suben polo río de chocolate da pequena costa que leva a un pequeno piso cunha pequena porta onde o tempo se para para sempre mentres as flores horarias van perdendo os seus pétalos até quedar completamente núas.

3 Comments:
actualización.
xa!
(isto soa a manifa)
xa, xa, xa, actualización xa!
XAXAXA!
buy carisoprodol, buy fioricet, buy paxil online, buy generic cialis
Maybe it's will help somebody
Publicar un comentario en la entrada
<< Home