1000 MOSCAS NON SE PODEN EQUIVOCAR
Cada día máis me deixa os ollos coma pratos os xogos de estratexia que vexo pasar por diante da mesa. E despois, entro en interneses e descubro centos de historias diferentes cun denominador común a protagonista. Ou mellor dito dous denominadores (a inaptitude e inCAPacidade da mesma).
E penso que cecáis sexa un cadáver exquisito, e que mellor po?erme guapa para cando me retraten como víctima de esta nova Intifada. E penso naquelas persoas que din que son solidarias e co paso do tempo descobres que esta solidaridade (a palabra) so fai aumentar o propio ego nun intento de autosolidarizarse con un mesmo.
E volto a pensar se mellor debería manter o pelo cumprido para poder botalo cara atrás cun certo ar de coquetería cando chegue o día da inmolación (pálida e co pelo longo parecería unha mártir)....
E una vez máis acho que te?o que mellorar moito para poder escribir nesta lingua sen prostituíla, aínda cando penso que realmente as normas que a someten te?en algo de proxenetas.

0 Comments:
Publicar un comentario en la entrada
<< Home