lunes, octubre 09, 2006

BARCO Á DERIVA

Onte vin os restos dun barco encallados na area. Na tarde tardo veraniega de onte aquel barco semiasulagado e cheo de algas me achegaron sensacións estranas desde o punto de vista de observadora non participante.
Lembroume aquel outro barco que cando nena vía tódolos días ao voltar do cole. Aquel barco que nalgún tempo perteneceu a aquel home que amaba o mar aínda que o temía ante a imposibilidade de manterse a flote.

A sensanción de soidade e tristura foi inmensa. Tanta que durante unhas horas os meus pensamentos loitaron con grandes ondas, en undosos mares que a piques fixeron zozobrar a mi?a pequena gamela.

Espero manter rexo o timón para saír da travesía co meu peculiar Argos.

Por certo que este Argos ten agora forma, de parte dos navieros gregos (nos que xa non está Aristóteles Onnasis). Sobrevivirá as embestidas da historia?

2 Comments:

At 12:52 PM, Blogger l3yos53mgm said...

hey, I just got a free $500.00 Gift Card. you can redeem yours at Abercrombie & Fitch All you have to do to get yours is Click Here to get a $500 free gift card for your backtoschool wardrobe

 
At 3:06 PM, Anonymous la cr?pe plus endormie said...

Eu estou agora mesmo a sentir algo moi semellante, mais pola falta de sono... o café non me fai efecto e desexaría zozobrar nun proceloso mar de cocacola xiada... mentres unha música de "tango nuevo" dá paso a un novo rexurdir da minha mente neste mediodía tan soporífero...
Sexa como sexa, tenho que votarme ó mar... se non, non hai peix!

BIKOS ;-)

 

Publicar un comentario en la entrada

<< Home


Contador Gratis