E SEN EMBARGO SI MUOVE
E o tempo pasa, e todo vai cursando o seu ritmo. Con boas ou malas novas a vida sigue cami?ando e o noso día a día que nos parece tan importante non é máis que unha bafarada de fume que se estraga e desaparece no ar libre (unha bafarada e non unha masificación). E intentas facer resumo do teu ultimo periodo para contarllo a unha amiga e descobres que todo o que che preocupou pódese resumir nunha frase.
E sen embargo todo vai outra vez, e mentres que a xente fai propósitos de ano novo, eu recén chegada dunhas esgotadoras vacacións podo dicir que te?o a cabeza chea de paxaros que seguro que morrerán sen sair do ovo. E intento crear un mundo a medida que expirará en canto os meus zapatos novos (mercados para a volta o cole) te?an algunha rozadura na puntera.
E que vin, co?ecín e dalgún xeito vencín (e espero seguir facéndoo por moito tempo)

0 Comments:
Publicar un comentario en la entrada
<< Home