
UNHA ROSA, BLANCA BRISAC
Hoxe lin na prensa que Martínez-Lázaro, co?ecido director por Al otro lado de la cama íase a atrever con un tema histórico como é a historia destas trece mozas (catorce pero unha afortunada errata convertiu a Antonia en Antonio Torres), pero so contando con cinco delas porque como afirmou onte o propio autor:
Sólo cinco aparecen en la película y son "una mezcla de todas ellas", según el director, "excepto en el caso de la católica y votante de derechas Blanca Brisac"
Cada un é quen de ver a historia como lle pete pero precisamente esta interpretación tan sui generis de Blanca Brisac é o que me chamou a atención ao ler xornal tras xornal unha afirmación similar e a caracterización de PilarLópez de Ayala como ésta.
Blanca Brisat era moi relixiosa e dunha familia de dereitas (o feito que a túa familia sexa de dereitas non te convirte en votante das dereitas). A súa implicación no grupo das trece rosas foi a raíz dunha amizade que unía ao seu marido cun militante de esquerdas que foi delatado pola nai e irmá da súa moza. Blanca morreu unha media hora despois de que o fixera o seu marido (e coa ilusión de voltalo a abrazar antes do pasamento)
Blanca, era baixi?a, regordeta e ti?a a cara redondi?a. A súa imaxe, de muller gordechi?a e de fazulas enchidas e coloradas dista moito da de Ayala, por iso creo que a imaxe que te?o dela (aínda deteriorada polo cárcere) non é o da cara alongada desta actriz (Blanca é a segunda pola esquerda)

0 Comments:
Publicar un comentario en la entrada
<< Home