miércoles, noviembre 23, 2005

EN CUARENTENA

Debido á gripe aviar, vou a estar un tempo en cuarentena, purgando as plumas para non pegarllo aos meus compa?eiros de curral. Espero que entendades que por esta razón ( es só por esta) somentes me dirixirei a todos unha vez á semana...

miércoles, noviembre 16, 2005

CALOR EN MEDIO DO FRÍO
Facía tempo que non pasaba tanto calor dentro da mi?a pequena habitación, rodeada do meu mundo e da persoa máis importante deste. A sensación de que era un so?o e que dun momento a outro espertaría e toparía un pequeno vacío no meu lado foi moi intensa durante toda a noite. Tanto, que de cada vez vía para o lado para comprobalo... agora está cruzando Galicia para volver a unha vida cotiá na que non estou eu... pero espero que sexa para pouco tempo.

miércoles, noviembre 09, 2005

MORTA E CON GRIPE

Onte a noite, despois dun día que se fixo eterno me puxen a ver a tele, e en Cámara Café ti?an un skech sobre os zoombies. Non é que me fixera moita gracia pero era así como me sentía eu, morta, cansa e cunha dor muscular impresionante.
Gustaríame dicir que hoxe todo mellorou pero non foi así, a cabeza, a gorxa, o abdomen, as pernas e os brazos puxéronse en contra mi?a para darme a lata... menos mal que esta noite descansou a queixada, ainda que esta ma?á cando me vin no espello notei que a mi?a dentadura nada ti?a de ben feita e de regular...cousas que ten madrugar, que todos os defectos colapsan as virtudes!

lunes, noviembre 07, 2005

A CANCIÓN DE...

Este verán lin A "Canción de Dorotea", un libro precioso no que dicía que cada un de nos ten a súa canción (a canción con senso de vida) eu sen embargo podo dicir que cada momento ten a súa canción, se non que lle pregunten a Deipluviae de donde vén o seu pseudónimo....
Esta fin de semana tivo para min un ritmo precioso de canción. Lenta, bonita, e un pouco sexi (ainda que a min non mo pareza demasiado) pero si romántica. Alguén me puxo unha canción máis de dez veces e por iso creo que sempre irá unida a min cos recordos dese fin de semana, como a de Son las 5 de la ma?ana, está unida a unha STKT a e a dous cómicos sen moita sorte que serviron para min como o nexo de unión entre un pasado achegado e o futuro (espero que lonxano) da mi?a existencia...
A pesar de que a música non move tanto o meu mundo, é o meu nexo entre os meus sentidos e os meus recordos... Por exemplo unhas notas dunha canción de Amaral que me sitúan nunha empinada rúa de Puebla de Sanabria (onde por certo non te?o ningunha foto) ou un Lico Manuel que me sitúa cami?o Verín co vento golpeándome na cara...
....With you

viernes, noviembre 04, 2005

A LADROA DE ZAPATILLAS

Que ben senta despertarse e roubar unhas zapatillas marróns de máis de 5 números enriba do teu. Aínda que non sexan tan cómodas como as túas, aínda que raspen na sola, aínda que as collas rápido e escapes por medo a que chas quiten e te?as que pasearte descalza polo chan frío.
Espero que hoxe na mi?a casa recupere unhas zapatillas para non ter que roubalas tan pronto aínda que iso me de seguridade.
Esta noite me puxen as mi?as zapatillas amarelas. Son novas, quenti?as, suaves e me quedan como un guante... son realmente chulis pero aínda así non eran iguais...

jueves, noviembre 03, 2005

CREO QUE ESTOU A PILLAR A GRIPE
Despois da molladura de onte, e o pelo mollado na mi?a cabeza de hoxe e dunha serie de excesos que cometín esta semana atópome a punto de ser pasto dos virus pero feliz. E din que o estado de ánimo é fundamental ás veces para evitar as enfermidades, neste caso non creo que sexa así pero non me arrepinto de por unha vez tirar todos os meus prexuízos e as mi?as disculpas polo chan e facer o que nese momento realmente me apetecía.
Non foi unha sorpresa en sensu estrictu pero se pareceu un pouco ;)

miércoles, noviembre 02, 2005

"RUGE MISTAL MEDIO DIOS"...

Fai un rato puxen unha emisora na que abundan cancións clásicas en inglés e cal foi a mi?a sorpesa cando escoitei o inicio desta canción que tanto me recorda... Despois de oila e tatarexala por un momento (si se?ores ou quen credes que causou esta chuva) tiven a inclinación de escribir algún post no que fale dun pouco de todo.
Quizás este tempo melancólico, a auga nos pés, e unha sensación de vacío existencial mentres fago un informe da situación do aumento de prezos acelerou as mi?as ganas de cortar con todo, facer un break e escribir algo no post.
Bueno, a seguinte canción en castelán está sonando (Rayando el Sol) e non levanta demasiado os meus ánimos. Ás veces me sinto como se estivese a cavar un tunel nun terreo pouco firme no que unha palada mal dada pode rematar o meu traballo de anos... E esta sensación mollada por unha chuva triste e monótonamente torrencial fai que me de máis medo seguir paleando...
Cousas da vida.
O momento gui?o da ma?á foi cando me enterei que en todos lados hai aproveitados da vida. Se nalgún momento volvo a sentirme estafada polo Woek Plus e o custe de desprazarme dous meses todolos días para quedarme sin nada (nin un triste escrito da mi?a presenza aló ainda que non serviría de moito hoxe en día) so te?o que recordar a alguén que cruzou media Europa, a piques de ser bilicenciado para desparafusar estantes e acarregar con caixas... A verdade é que é un chafe, pero cando me enterei non puiden parar de rirme :D (a todos nos pasan as cousas e cando máis nos riamos peor).
En fin, que aproveitados hainos en todolos lados, aínda que non a todas situacións se lle pode sacar proveito.


Contador Gratis