jueves, octubre 27, 2005

UNHA VEZ MÁIS COLLEUME O CHAPARRÓN
Hai días nos que tomas decisións que che poden cambiar a vida, e sen querer te meten nun inoportuno pesar.
Hoxe pola má?á entre outras cousas, e dado ao vento que había decidín tender a roupa fora para conseguir que secara no menos tempo posible. Agora só espero que cando chegue a casa non esté a corda rota, as roupas destinguidas ou no chan (xa nin me plantexo que poida estar limpo). Menos mal que o bolso que trouxen era grande e vi?a co paraugas incluído.
Nalgúns momentos da vida cólleche o chaparrón sen paraugas, e cando xa todo está o suficiente estropeado so rezas para que a corda non rompa co peso. Estas veces é cando pode ser que non haxa bolso demasiado amplo ou paraugas demasiado grande.

SENSACIÓNS DE ABANDONO
Esta ma?á despertei coa sensación de abandono. Non a mi?a sensación de estar abandonada, senón a sensación de que ti?a a Urispi abandonado. Por iso decidín chamar porque a pesar de todo estou sempre ahí, e para dicir precisamente iso.

En lugar da voz escoitei a dunha rapaza que me recordou que o teléfono estaba apagado. Debía estar a durmir.Que recordos daquela cando era eu a que descubría que estaba a durmir e intentaba por todos os medios cambiar ese estado.

Hai momentos na vida en que non podes elexir, ou que elixes para non poder elexir. Eu neste momento elexiría estar na cama a moitos quilómetros de distancia para poder susurrar un "estou contigo" que sonara como so?o.

martes, octubre 25, 2005

DE UNIVERSIDADES SERIAS, OU SERÍAS UNIVERSIDADE
Cousas que chaman a atención como que digan que a universidade é algo serio e non un mero trámite, precisamente aqueles que deberían calar por estar a defraudar as esperanzas de centos de prelicenciados.
Unha vez máis fala quen ten que calar.

jueves, octubre 20, 2005

ISTO NON PODE SER O FIN
Adicado a todo aquel que cre que a soidade é unha arma de dobre filo e que se sinte só ainda que ten un GPS meu entre as súas mans que lle garante unha compa?a diaria e, por que non, eterna.
Non pode ser o fin de máis de un ano de artigos desfia?ados entre o teclado e a pantalla, o de ser un blogger ten outro sentido para min desde que aqueles famosos días non me funcionaba o explorer e decidín que isto era como un mail para dous (aínda que sexa para máis dous). Por iso non quero que isto remate, polo menos até que consiga descifrar o código nos teus ollos e non precise bucear nos teus escritos para saber o que sucede (que xa me costou máis, pero aínda o vexo dificil). Non o deixes de facer, e nunca abandones a túa Nuria, porque sinto que é unha especie de terapia que pacifica os impulsos do Eros e o Thánatos...
Orfeo baixou aos infernos en busca da súa querida Eurídice, e perdeuna cando xa case alcanzaran a porta de saída por un temor, unha curiosidade e un medo de que ela se sentise indisposta. Uri baixará até o Averno se fai falla en busca de Urispi e o agarrará tan forte que lle doerán os músculos do brazo e da espalda, pero non lle importará porque saberá que dalgunha maneira salvouno e salvouse.

martes, octubre 18, 2005

DÍAS DE AGOBIO E AGOBIO
E aquí estou, noutra punta de Galicia, esperando o discorrer do tempo, nestes tempos de agobio por demáis no que a mi?a mandíbula cobrou vida propia, sublevouse e renxe como unha condenada. Non sei se mollada co vi?o como di a canción do carro... Ao fin e ao cabo este traballo non deixa de gustarme!

viernes, octubre 07, 2005

CAMBIOS CAMBIOS

Despois de pasarme tantísimo tempo sen escribir nada, e cambiando de corresponsalía gustaríame falar do PANTA REI (relmente todo cambia menos o propio cambio?) en apenas unhas semanas a mi?a vida deu un xiro que a min me pareceu enorme, sen embargo as cousas que me importan seguen como sempre, ou máis ou menos coma sempre sen estragarse co cambio. Máis ben collendo mellor sabor con este paso do tempo...
Te?o reflexionado moito sobre eso (onte estiven 2 horas reflexionando) ?merda, esquecín outra vez o libro!


Contador Gratis