OUTRA VEZ COMEZA A CONTA ATRÁS
Unha vez rematado o curso, e a día de hoxe sobre as seis e media da tarde volta a comezar a conta atrás coa que inaugurei o ano pasado a Blog. Outra vez esa mesturanza de emoción, esperanza e moita paciencia para voltar a pasar un tempo alomenos tan marabilloso como este. Ben é certo que este ano as condicións de ámbolos dous son diferentes pero non por iso menos difíciles. Só que parto cunha convinción de base da que non podía falar o ano pasado:Estou totalmente convencida de que temos futuro, de que todo sairá ben e de que me gustaría cami?ar da man ata o infinito e a eternidade.
