PARECE QUE FOI ONTE
Debería estar a estudiar xa de ma?á pero non me apetece nada, ademais hoxe apenas hai claridade no estudio porque o dua está máis que nubrado. A medio desperezar de súpeto quedo a mirar para unha gran foto que te?o nun marco... o de grande vai polo formato e polo bonita que é (podería dicir que é a unica que te?o na que saio ben). Entre esa foto e hoxe hai unha distancia abismal (unha distancia de 7 anos e máis de 10 kilos; unha distancia dunha carreira e varios individuos, e unha distancia de máis de 1000 kilómetros).
O outro día aínda falei cun co?ecido que fixo que esa distancia desaparecera por un tempo, sen embargo está ahí. Os meus ollerosos ollos contemplan esa cara feliz, lonxana a toda preocupación e sen embargo a mesma de agora, parece que non pasara o tempo.
En fin, creo que estou entrando na espiral do odio a envellecer...
