martes, octubre 19, 2004

COMPLEXO DE PETAR PAN

Cando eramos pequenos todos so?amos algunha vez con ser maiores, primeiro coa idade máxica, os quince anos que parecía o ecuador que daba paso á madurez. Segundo ós dezaoito, acceso a todo tipo de películas, bebidas, voto e carné chegatron xunto con esta maioría de idade no Estado Espa?ol (ou como diría Ramsex no Reino de Espa?a) e a partir de ahí o tempo se nos escapou entre as mans a unha velocidade de vértigo. Non vou a dicir a mi?a idade porque non vén a conto aínda que tampouco me importaría dicila. Non te?o medo a envellecer e sobre todo non lle te?o medo as cifras que cada ano aumentan no meu corpo (aínda que unha lixeira reducción non lle viría mal de todo). Sen embargo te?o un terror terrible, ás veces, á responsabilidade.

Estou satisfeita de ir aumentando a responsabilidade día a día (é un símbolo de crecimento). Pero ás veces preferiría pecharme en min mesma, gritar e decidir tomarme un par de días de asueto na cama, debaixo da manta mirando para o teito.
Onte tiven un deses días nos que sen querer retrocedo no meu comportamento máis de 10 anos, e nese momento o único que desexo e que todo o mundo se mova mentres eu me quedo quieta esperando...

O INVERNO CHEGOU...E EU CON ESTES PELOS

Unha vez máis volvo a queixarme deste tempo metereolóxico que fai delicias dos cami?antes sobre todo sen paraugas. Onte cheguei como un pito a casa e hoxe sigo cun lixeiri?o carraspeo. O da chuva está ben cando despois do chaparrón podes marchar para casa e non cando tes que andar todo o día coa mesma roupa (ou o que é peor, co mesmo calzado)E é que como di a frase, nunca chove a gusto de todos.

viernes, octubre 15, 2004

OUTRO VENRES MÁIS

O de escribir en venres estase a convetir nun costume. Hoxe, que me aburro e fai frío vou falar de lingüística. E que estou cada día máis sorprendida coas linguas nas que habitualmente me movo. O do galego non ten nome, nun intento de normalizar a lingua, normativizouse de modo que agora ninguén sabe se fala realmente ben o galego. Si que está ben o de intercambiar palabras sen ter en conta a máis utilizada en todo o territorio o a da área lingüística máis grande. Agora xa dubido se po?er unha c ou dúas en palabras moi parecidas e xa non serve a norma de que os grupos cultos en galego se soen manter ?que pasa con obxeto?... En fin que como sigamos así nos atoparemos nunha anarquía lingüística digna da Transición na que moita xnte deixa de escribir en galego porque non quere facelo incorrectamente.
Por se fora pouco a RAE intenta introducir os novos termos en castelán e entón eu me faría un pirsin,faría puentismo(de querer tirarme desde unha ponte) ou comería un curasán (o máis simpático é que os que fan raftin son balseros-fan balseo-como os que fuxen de Cuba a USA)
En fin
GRAZAS!!!

viernes, octubre 08, 2004

PARECE QUE FAI UN ANO... E AÍNDA NON HAI UNHA SEMANA!

Menuda semani?a e que so?o te?o. É impresionante a capacidade que ten o ser humano de adaptarse as novas situacións e interiorizalas ata o punto de sentir que toda a vida estivo así, e que as cousas diferentes quedan nun pasado moi lonxano. Debe ser por iso que o posto de funcionario é un dos máis cobizados entre os que coma min acabamos de lanzarnos dos morno colo da nosa nai (tamén hai que dicilo un embarazo de vinte e tantos) ó mundo laboral (que medo dá).
Hoxe miro ó luns pasado e parece que fai unha teternidade que pasou, e incluso xa non parece ser máis que unha nebulosa. Pero todo ten as súas cousas boas!

Ánimo que aínda nos quedan a lo menos 9 meses!


Contador Gratis